Estrutura dun edublog
A estrutura ideal dun edublog terá que ser coidada
e que recolla toda a información necesaria para o alumnado: vídeos
interesantes, calendario de entrega de traballos, exames e días festivos, resumo
das actividades realizadas, propostas de actividades relacionadas co falado e
feito na aula …
Na parte superior paréceme interesante introducir o
nome que lle daremos a este espazo na rede con unha foto do grupo clase ao que
vai dirixido o edublog, posto que así se senten todos membros del dende un
comezo. Esta idea saqueina do blog coñecido como o rincón da mestra (http://olgacatasus.blogspot.com.es/).
Ademáis da imaxe e o título, añadiremos unha pequena descripción. Con ela
trataremos de explicar para que vamos empregar o blog ademáis de indicar para que curso se destina.
Logo porei páxinas para dividir os contidos. Por exemplo
nunha páxina estarán as actividades realizadas na aula, noutra os vídeos de
interese,noutra as noticias de interese sobre educación que estean relacionadas
con temas dos que falamos na aula. Tamén dedicaremos outra páxina na que se
fale das saídas escolares realizadas con fotografías e vídeos que ilustren tales
experiencias. Outra sería a galería de
fotos, onde se recollerían todas as fotografías sacadas no colexio.
Na parte esquerda, poría unha lista de blogs de consulta similares a este
que poidan interesar aos alumnos e alumnas. Ao mesmo tempo mostraranse ahí os
vídeos máis consultados da páxina destinada a estes.
Na parte dereita, poría as etiquetas, para que o
alumnado poida acceder a partir de ahí as entradas que mais lle interesen. Tamén
apararecerá neste lado o calendario, onde se poida consultar os días de exames,
de entraga de traballos e de actividades. Nesta parte tamén se introducirá o
contador de visitas, que nos permitirá saber se o blog está tendo éxito ou non
na rede. Os alumnos e alumnas aos que se dirixe este blog poden tamén
comunicarse empregando o chat que estará presente tamén neste lado. Deste xeito
a comunicación será fluida dentro e fora da aula e da escola, co fin de
solucionar as dúbidas que poidan xurdir en calquera momento.
Ademais do
contido e a organización do blog, é importante o deseño e a plantilla que empregemos. Eu persoalmente opto por unha
plantilla discreto pero que faga da blog un lugar armónico no que as letras do
título e da descrición combinen co fondo elixido.





Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminar