NOVA TECNOLOXÍA EMPREGADA EN EDUCACIÓN INFANTIL
Mp3, Mp4 Y PEN DRIVER: estes son soportes informáticos para Educación Infantil bastante útiles hoxe en día posto que nos permiten almacenar información neles e poder trasladala a aula. Con estas ferramentas podemos trasladar datos dende a sala de informátia do centro á clase e viceversa, ou podemos empregar material ou información procedente das familias dos nenos e nenas.
CAÑÓN DE PROYECCIÓN: na actualidade é o sustituto directo do proxector de diapositivas. É moi útil na sala de informática dos centros educativos, onde nos permitirá proxectar imaxes, ver exposicións, etc..., e todo con unha calidade máxima.
REPRODUCTORES DE CD Y DVD: son os sustitutos do cassette e do vídeo. Ofrecen moitas posibilidades de actuación, dende ver películas, realizar audiocións, traballar sesións de educación musical e psicomotricidade, ver proxeccións, realizar grabacións, traballar as calidades do son, descubrir as súas posibilidades sensitivas a través do oído, etc...
RADIO: debemos traballar este medio en educación infantil sempre a través do xogo. Existen moitas posibilidades de educar aos nenos no medio radiofónico. Este medio favorecerá sempre as actitudes de escoita e atención. É bo poñelos en contacto algunhas veces con partes de programas profesionais de radio, facendo despois actividades a partir do mesmo: asambleas aportando ideas sobre a noticia dada, facer un debuxo sobre dita noticia... Tamén o mestre ou mestra pode preparar unha actividade extraescolar relacionada coa visita dos nenos á emisora de radio local.
CÁMARAS DIGITALES DE FOTO Y VÍDEO: con estes recursos podemos traballar nas aulas de Infantil calquera actividade (salidas fora do colexio ou aula, actividades complementarias, etc...), e gardalas en distintos soportes informáticos ou na memoria do propio ordenador de aula. Podemos gravar tamén talleres programados nas unidades didácticas, dramatizacións, actividades lúdicas, xogos de desenvolvemento psicomotor, secuencias temporais, etc..., coa vantaxa de que podemos reutilizar todo no momento que estimemos oportuno.
CINE Y TELEVISIÓN: As películas son un instrumento educativo importante. Permite ofrecer aos nenos e nenas información dunha maneira amena e agradable, ao mesmo tempo que lles serve de entretenimiento. É moi importante ser moi cuidadosos coa súa elección tendo en conta a falta de capacidade de crítica presente aínda nesta etapa infantil. As películas son, polo tanto, efectivas cando a información obxetiva ofrecida coincide cos fins que persigamos. Contribúen, polo tanto, ao aprendizaxe significativo e permiten globalizar os mesmos posto que o alumnado pode realizar multitude de actividades a partir do visionado dunha película: debuxo de algún personaxe, imitación de accións, danzas e bailes psicomotrices, desenvolvemento da linguaxe oral comentando a mesma, identificación cos personajes, desenvolvemento da creatividade inventando un final diferente para a mesma... Podemos tamén crear un taller de cine con instrumentos de xoguete.
A televisión, pola súa parte, tamén é un excelente medio audiovisual, que fomenta moitísimo o desenvolvemento da atención e percepción, transportando aos nenos a mundos e feitos imposibles de observar no seu entorno cercano (épocas históricas, lugares lonzanos, animais salvaxes...). Podemos ver na televisión gravacións feitas coa cámara de fotos e vídeo dixital, vídeos caseiros dos nenos procedente da familia, visionado de películas, etc...
PIZARRA DIGITAL: este recurso supón un gran soporte informático, posto que nos permite "trasladar" a aula de infantil á sala de novas tecnoloxías do centro, xa que coa pizarra digital podemos realizar calquera actividade: trazos, números, cores, grafomotricidade, apoiar unha explicación ou relato da mestra a través de imaxes na pizarra, etc... Pódense plantexar actividades de asociación, relación, clasificación de diferentes elementos... Los nenos e nenas deben aprender a manexar os iconos da mesma, a aprender e crear coa pizarra, coñecer pouco a pouco os distintos programas. En definitiva, a PDI emprégase como un novo recurso para reforzar contidos curriculares dunha forma amena e motivadora, de xeito que se desperte nos nenos o gusto e goce por este material informático e audiovisual.