Un blog ou tamén chamado weblog é un sitio na rede
de sinxela creación e utilidade. Isto permítenos publicar e compartir contidos que abarcan tanto opinicións
persoais como noticias, artigos … Todos os documentos que se suben organízanse seguindo unha cronoloxía inversa e que pode permitir comentarios de lectores ás disintas anotacións e enlaces a outros blogs ou sitios web(Orihuela y Santos, 2004; Huffaker, 2005; Cabero et al., 2009).
Unha vez definido o que é un blog tratarei de falar da importancia que ten este
no eido da educación. O termo edublog, nace da unión de education e blog. Un edublog
é unha ferramenta orientada ao aprendizaxe e a educación a través dun sistema
de publicación na rede dun xeito interactivo (Lara, 2005).
Os edublogs teñen diferentes usos de acordo coas persoas que o utilicen, profesorado ou alumnado. Os mestres e mestras utilízano para xestionar o material docente, ou sexa dar acceso a recursos externos como poden ser apuntes, lecturas ou exercicios complementarios do dito no blog. Os mestres publican material xa sexa en formato de vídeo, imaxes, textos... Por outra banda está o alumnado, que expón as súas ideas e opinións e realiza o traballo diario. polo tanto podo afirmar que os blogs son unha canle de comunicación e de socialización mediante a cal se constrúe e comparte coñecemento.
Poderemos atopar Blogs gratítos e outros polo que temos que pagar, uns para os que debemos instalar o software de creación no noso ordenador e outros que poderemos editar o noso blog directamente dende unha páxina web. algunhas das ferramentas que podemos empregar para a creación dun blog son:
- Blogger: (http://www.blogger.com) Esta sendo o máis empregado. Grazas a este programa poderemos xestionar o noso Blog directamente dende unha páxina web, o que nos permitirá editalo dende calquera lugar con no acceso a internet.
- LiveJournal:(http://www.livejournal.com) Basease na instalación dun programa que nos evitar ter que entrar nunha páxina web para editar o noso blog. É un servizo de pago, aínda que tamén ten unha pequena modalidade gratuíta, sempre e cando coñezamos a algún usuario rexistrado.
- BigBlogTool: (http://www.bigblogtool.com) Este softwares é de pago, moi potente, co que poderemos engadir ferramentas multimedia aos nosos blogs, como por exemplo vídeos, cancións en formato mp3... Ao instalar o Software poderemos xestionar o noso Blog sen necesidade de entrar nunha páxina web.
- Movable Type: (http://www.movabletype.org) Esta é unha das ferramentas máis empregadas para a creación de Blogs. Para manexala precisamos coñecementos avanzados. Pódese descargar da páxina web para instalar o programa no ordenador e traballar sempre dende alí.
Os blogs poden empregarse de múltiples maneiras no ámbito educativo dentro dunha pedagoxía constructivista.
Dentro dunha pedagoxía constructivista podemos empregar os Blogs de diferentes maneiras. No artigo “Usos dos blogs nunha pedagoxía constructivista” Tíscar Lara dinos que os blogs serven de apoio ao E- learning, favorecen a interacción social, establecen unha canle de comunicación informal entre profesorado e alumnado, dotan ao alumnado cun medio persoal para a experimentación da súa propia aprendizaxe e son fáciles de asimilar se se teñen certos coñecementos sobre tecnoloxía dixital. De acordo con isto, podo dicir que o Blog se podería empregar como un espazo onde o alumnado pode acceder libremente para atopar información interesante colgada polo mestres ou mestra, xa sexan apuntes, lecturas, exercicios, como explicacións sobre o tratado na clase co fin de aclarar dúbidas, datas de entrega dos traballos … O mestre ou mestra será o encargado de colgar no blog todo este material pero o alumnado poderá, tamén libremente, dar as súas opinións sobre os temas alí tratados, suxerir novos temas e actividades, reflexións sobre o falado na clase de xeito que todos e todas se poidan enriquecer das experiencias dos demais.
En definitiva, o emprego dos edublogs é moi productivo posto que se trata dunha ferramenta fácil de entender e empregar que nos permite establecer relacións entre profesorado e alumnado máis alá da aula, co fin de que estes últimos chegen a formarse exitosamente, tendo a posibilidade de atopar información complementaria de actividades realizadas na aula, videos interesantes, solucionar dúbidas…
No hay comentarios:
Publicar un comentario